Abre un seminario de Estudios de Xénero e unha mostra sobre o voto feminino

Xenero(s)

As xornadas sobre violencia de xénero que se están a desenvolver no Instituto de Ciencias da Educación (ICE) acollerán esta tarde a presentación do Seminario Permanente de Estudios de Xénero deste instituto. Este seminario, composto por diferentes profesores do centro pretende afondar na investigación científica das relacións de xénero. Por outra banda, o centro cultural Salvador de Madariaga da Coruña acolle desde onte unha mostra sobre o voto feminino en España.

Estudios de xénero


O recén creado Seminario de Estudios de Xénero estpa formado por un grupo de profesores de distintas disciplinas na Universidade de Santiago que xa levan algún tempo traballando sobre esta cuestión. Con este seminario preténdese impulsar e debatir este tipo de estudios dun xeito aberto e interdisciplinar. Ademais, agardan acadar representación e foros nacionais e internacionais sobre Estudios de Xénero e potenciar esta disciplina en Galicia.












Xornadas


A presentación do seminario realizarase no marco das xornadas sobre violencia de xénero e problemática educativa e laboral que está a celebrar o ICE nestes días. Na sesión de onte sinalouse que os índices de violencia de xénero no Estado Español é semellante a doutros estados desenvolvidos. Durante o día de hoxe falarase das cuestións problemáticas e laborais que afectan ás relacións de xénero.






O voto

O Centro Municipal da Muller do concello da Coruña en colaboración co Instituto da Muller do Ministerio de Traballo abriu onte unha mostra sobre a evolución do voto feminino en España. A mostra, que se expón no Centro Cultural Salvador de Madariaga inclúese dentro dos actos organizados polo Centro Municipal da Muller para este mes. Ademais da mostra, hoxe mesmo se celebrará un seminario sobre "Muller e medios de comunicación" e o día 29 outro sobre "Mainstreaming de Xénero".