Comezan as XI Xornadas do Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil

As bibliotecas dos nenos

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Aula Cultural de Caixa Galicia en Compostela acolle desde hoxe a XI edición das Xornadas do Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil, o econtro máis veterán de cantos se celebran en Galicia sobre esta cuestión. O tema que vertebrará as intervencións que se realizarán durante esta fin de semana e o seguinte é o de "Bibliotecas e Literatura Infantil e Xuvenil".


As xornadas

As Xornadas do Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil naceron hai once anos coma un encontro coma un encontro dirxido a docentes. Logo de dúas edicións celebradas cun grande éxito, abríronse a todo tipo público, mantendo a súa orientación de analizar os diferentes eidos da literatura infantil e xuvenil de xeito multidisciplinar e centrándose cada ano nun aspecto concreto deste xénero. A organización das xornadas corre a cargo da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) en colaboración coa Biblioteca "Nova 33" da Obra Social de Caixa Galicia.
Nas súas diferentes edicións analizaron temas coma a crítica literaria de literatura infantil, o desenvolvemento da literatura infantil en distintos territorios, a literatura popular, a poesía infantil, o teatro ou a ilustración.

A XI edición

A XI edición destas xornadas comezan esta tarde ás cinco e media coa intervención de María José Victorino, profesora e bibliotecaria portuguesa, que analizará a relación entre bibliotecas escolares, literatura infantil e animación á lectura. A última hora da tade haberá unha mesa redonda na que represententas de diferentes centros de ensino e un delegado a Asociación de Bibliotecas Escolares de Galicia debaterán sobre a situación deste tipo de centros. Para o sábado 16 está previsto que Raquel López Royo, do Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, fale sobre estratexias para captar novos lectores, e a continuación Fina Casalderrei manterá un encontro co xornalista Tino Santiago.
Para vindeira fin de semana continuará o encontro coa participación de Núria Ventura, coordinadora das bibliotecas da Deputación de Barcelona, que tratará a relación entre as bibliotecas públicas e a animación á lectura. A xornada rematará pola noite con outra mesa redonda sobre as bibliotecas públicas, na que participarán os encargados destes centros an Coruña, Oleiros e Allariz.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Bibliotecas, Caixa Galicia, Animación...