A Academia de Belas Artes fará un estudo sobre o patrimonio galego fóra do país

O documento pretende facilitar reclamacións das administracións galegas sobre estes bens

20/12/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Coñecer o estado real do patrimonio galego que se conserva fóra do noso país. Este é o obxectivo do estudio que abordará a Real Academia Galega de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario, segundo anunciou onte Manuel Quintana-Martelo, presidente da entidade. O proxecto, que se iniciará o vindeiro mes de xaneiro pretende aclarar que obras de arte de pezas patrimoniais saíron do noso país mediante cauces legais e cales o fixeron de xeito ilegal ou pouco claro. A Academia porá o documento resultante en mans das administracións públicas do país para facilitar posibles reclamacións que traian de volta algunhas destas pezas.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Academia de Belas Artes, Real Academia Galega de Belas Artes, Real Academia Galega