O Xardín do Teatro ocupará un dos ocos da Cidade da Cultura

Un auditorio ao aire de libre de 400 prazas ocupará o espazo do Teatro de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:
O Xardín do Teatro ocupará un dos ocos da Cidade da Cultura

O espazo no que estaba previsto construír o Teatro de Galicia na Cidade da Cultura será ocupado por un auditorio ao aire libre axardinado. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, presentaba o pasado venres do Xardín do Teatro, proxecto que se prevé rematar en 2019 e que inclúe un escenario e gradas para 400 prazas, uns 190 árbores de diferentes partes do mundo e equipamento para practicar deportes urbanos como o monopatín. A nova actuación, cun coste previsto de 1,8 millóns de euros, segundo detalla La Voz de Galicia tirará os seus orzamentos dos fondos xa previstos para obras de urbanización.

A coindicir coa presentación desde proxecto, Feijoo repasou os traballos de mellora nos acceos ao complexo do Gaiás, a destacar "a rede de cinco quilómetros de sendas que atravesan o Bosque de Galicia e conectan o Gaiás co barrio compostelán de Sar" e mais o enlace que unirá a AP-9 coas glorietas de acceso, cuxas obras se prevén boten a andar o ano que comeza.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, La Voz de Galicia, Gaiás, Sar...