O Festival de Cinema Rural Carlos Velo reparte os seus galardóns

Asturias, patria dolida, El color de la sed e El cerezo foron os filmes gañadores

15/12/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Concello de Santiago acollía esta mañá o acto no que se deron a coñecer os gañadores e se entregaron os premios do IV Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia Carlos Velo. El color de la sed, curtametraxe de ficción sobre o mundo do pastoreo foi o filme que se impuxo na categoría de Ficción, mentres entre os documentais o vencedor foi Asturias, patria dolida, a visión de Arantza Rojas sobre oitenta anos de vida mineira na comunidade veciña. El cerezo, pola súa banda, foi seleccionada para o Premio Especial do Público Carlos Velo. Óliver Laxe presidiu o xurado que realizou a selección entre dez finalistas, escolleitos á súa vez entre 300 curtametraxes que se presentaron a conruso.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Velo, Cine, Asturias, Documentais...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares