O Concello de Dodro celebra mañá 16 de decembro, a partir das cinco e media da tarde, o acto de entrega do XXX Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Estevo Creus recollerá este galardón, que obtivo o pasado 2 de decembro co seu poemario O lugar que non hai e que lle reportará 2.300 euros canda á publicación do libro. O xurado destacou da obra vencedora "brillantez de certas imaxes do libro a carón dunha indagación nos territorios do eu, da outredade e da permanente dúbida do ser humano". A selección correu a cargo de Miriam Ferradáns Ferradás, Xosé Daniel Costas Currás, Blanca Ana Roig Rechou e Ramón Nicolás RodrÃguez, con Xabier Castro MartÃnez como coordinador do premio. Ademais da entrega do premio, o 7:30 o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, acollerá tamén no mesmo acto a presentación de Se pedra na brétema, de Ramón Blanco, obra gañadora da anterior xeira do certame.