Quiosco: Revista Volvoreta nº1

A Fundación Wenceslao fernandez Flórez crea unha publicación científica arredor da obra do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:

A Deputación provincial da Coruña e o Concello de Cambre patrocinan a nova revista que editará a Fundación Wenceslao Fernández Flórez, Volvoreta, segundo informa hoxe o xornal La Opinión. A revista de carácter anual preséntase este xoves 15 e o volume, de case 400 páxinas, inclúe un monográfico sobre o libro Volvoreta, traballos sobre o periplo percorrido pola adaptación cinematográfica deste relato de Fernández Flórez, un DVD coa película de 1917, e dous guións facsímiles inéditos de dúas obras que non chegaron a rodarse do autor. A revista, editada por Vía Láctea, non ten carácter venal, co cal non estará á venda pero poderá ser consultada por investigadores. Está dirixida por Xosé María Dobarro, e profesores das universidades Pompeu Fabra, Complutense de Madrid, Compostela, Brooklyn Collegue, Université Louis Lumiere Lyon II ou a Universidad del País Vasco figurán no seu comité científico. Este primeiro volume presentarase en sociedade este venres ás 19.30 horas en Cecebre, na sede da fundación Fernández Flórez.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Wenceslao Fernández Flórez, Xosé María Dobarro, Wenceslao Fernández Flórez, DVD...