A casa de Wenceslao Fernández Flórez acollerá a fundación do mesmo nome

A casa de Wenceslao

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Deputación da Coruña vén de ceder o emprego da casa de Wenceslao Fernández Flórez à fundación que leva o nome do escritor para que sexa a sede desta entidade. Tanto a Deputación como a Fundación acordaron realizar actividades conxuntas para promover o coñecemento da vida e obra do autor de "O bosque animado".


Casa, finca e biblioteca

A casa, recentemente adquirida pola Deputación, inclúen a casa, denominada "Ponte do Cubo" e a finca "Monte da Fame", que pertenceron ó escritor coruñés. Ademais, na adquisición incluíuse a biblioteca de Wenceslao Fernández Flórez, que totaliza mil oitocentos volumes perfectamente clasificados e restaurados, e diversos obxectos persoais. O precio total da aquisición foi de sesenta e tres millóns de pesetas.


Recoñecemento ó autor


Durante a sinatura do convenio entre a Fundación Fernández Flórez e a Deputación da Coruña, Xaime Isla Couto, presidente da Fundación, destacou a importancia do autor, seinalando que "tiña amor ó país" a pesar de verse obrigado polas circunstancias a escribir en castelán. Isla tamén salientou o labor de Fernández Flórez como cronista deportivo, a que correspondeu a invención do "vice-gol", "un gol que non foi pero debeu selo" segundo o presidente da Fundación.



Actos

Medianto o convenio asinado onte, ademais de ceder á Fundación o emprego da casa, as dúas institucións comprométense a realizar actos conxuntos para difundir a figura do escritor. Neste sentido prevense realizar reedicións das súas obras, conferencias e ciclos de cinema que se desenvolverán en "Ponte do Cubo"

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Wenceslao Fernández Flórez, Wenceslao Fernández Flórez, Deputación da Coruña, Xaime Isla Couto...