84 comercios de Santiago de Compostela colaboran no proxecto Pasearte, unha iniciativa que busca facer visible a arte contemporánea a través dos escaparates de tendas do centro da cidade. As galerÃas Trinta, Metro, MarÃa Luisa e Federica no era tonta participan nun proxecto no que se poderán ver obras de máis de 40 artistas no Ensanche compostelán mentres se realizan as compras de Nadal. A iniciativa está promovida pola Fundación Santiago Centro e o comisario da actividade é Javier Blanco, e conta coa colaboración da ConsellerÃa de Cultura e o Concello de Santiago. O proxecto tamén inclúe obradoiros de arte, tertulias con artistas , visitas guiadas ou experiencias en vivo.