Un proxecto converte en arte diferentes comercios do casco histórico lucense

É a segunda proposta de Artemenudo, espazo cultural alternativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai 4 meses abría as súas portas en Lugo Artemenudo, un espazo cultural alternativo promovido por Marta Prieto que pretendía ser un punto de encontro de diferentes disciplinas artísticas. Na primeira exposición, Miniaturas, amosou os seus sinais de identidade (arte de pequeno formato, custe reducido e asequible a todo tipo de público para fomentar o coleccionismo) que agora reforza con Entretendas. Na nova proposta encargou a dez artistas que realizasen obras de arte relacionadas con dez tendas históricas da cidade, desde facer os escaparates ata empregar obxectos que se venden alí para as súas obras. A iniciativa conta cun mapa no que as persoas poden situar os establecementos participantes.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marta Prieto, Identidade, Lugo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares