Ourense abre en decembro unha gran exposición sobre o reino suevo

Ocupará tres espazos culturais da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

Xa hai data para a inauguración da exposición "In tempore sueborum", a mostra promovida pola Deputación de Ourense que representa por primeira vez de maneira monográfica a historia e o tempo do reino suevo de Gallaecia, considerado o primeiro establecido en Europa occidental na decadencia do Imperio Romano. A exposición abrirase o 14 de decembro. Está comisariada por Jorge López Quiroga e Artemio Martínez Tejera, celebrarase en tres espazos da capital ourensá: o centro cultural Marcos Valcárcel, o Museo Municipal e Santa María Nai, igrexa na que se considera que se fundou a primeira catedral de Ourense. Os comisarios sinalan a excepcionalidade de algunhas das pezas que se poderán ver, procedentes en moitos casos de centros internacionais.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Valcárcel, Imperio Romano, Catedral, Centro Cultural Marcos Valcárcel...