Máis de 10000 visitantes no primeiro mes. O catálogo, esgotado, camiño dunha segunda edición, e unha ampliación do tempo de apertura ata maio, dan conta do éxito que está a ter In tempore sueborum, a exposición promovida pola Deputación de Ourense que recolle o legado do primeiro reino de Europa occidental. Falamos con Jorge López Quiroga para coñecer as claves da mostra.
"Sabiamos que esta era unha exposición dun tema que ata agora non se realizara e que se trataba dun tema que era difÃcil de abordar polas implicacións que ten para a Historia de Galicia", explica o profesor Jorge López Quiroga, un dos dous comisarios da exposición In tempore Sueborum O tempo dos suevos na Gallaecia (411-585), xunto con xunto con Artemio MartÃnez Tejera. Trátase dunha mostra promovida pola Deputación de Ourense e inaugurada o pasado decembro. Os 10.000 visitantes acadados no primeiro mes xustificaron que o presidente do organismo, Manuel Baltar, anunciase a semana pasada en FITUR a prórroga da mostra ata o 6 de maio.
Sobre o reino suevo existe un aura mÃtica reivindicado polo galeguismo e o nacionalismo xa desde o século XIX. "Desde o punto de vista do enfoque queriamos desmitificar un pouco moitas das cuestións que habÃa ao redor desta época", sinala Quiroga, aludindo ás importantes referencias sobre os suevos que se atopan nos textos fundacionais do galeguismo e do nacionalismo galegos dos séculos XIX e XX. Os suevos foi un dos pobos xermánicos aliados de Roma que, a principios do século IV, ocupou un dos antigos territorios do Imperio, neste caso a antiga Gallaecia e o occidente hispánico, beneficiándose da decadencia do poder imperial.
Segundo o investigador, nos últimos vinte e cinco anos viviuse unha revolución do coñecemento ao redor desta época: "Hai que ter en conta que nos referimos ao perÃodo tardo antigo, un tempo que non se consideraba nin romano nin medieval. Como aparentemente habÃa moi poucas fontes materiais, pois tampouco existÃa moito interese por esta época". Os achados arqueolóxicos das últimas décadas comezaron a amosar uns suevos que Ãan máis alá das referencias bibliográficas. "E agora temos mellores métodos de datación e análise, que nos permiten identificar mellor as épocas".
Deste xeito, posiblemente o catálogo de In tempore sueborum é a primeira publicación que ofrece unha perspectiva global sobre todos os novos achados e investigacións ao redor dun periodo, a tardoantigüidade, que está a ser obxecto de numerosas investigacións e novos especialistas nos últimos anos en Galicia. A clave está na confluencia, ata agora non frecuente, entre arqueólogos e historiadores do mundo antigo ou medieval. O catálogo está dispoñible gratuitamente en pdf no web da exposición, accesible desde as ligazóns desta reportaxe.
Os suevos na Gallaecia
Un dos grandes desafÃos desta exposición é a ausencia de materiais, de pezas arqueolóxicas concretas asociables aos suevos, pero a intención dos comisarios Ãa máis alá: "a nosa idea era non tanto falar do reino suevo senón do tempo no que os suevos estiveron en Galicia", concreta López Quiroga, quen sinala que esa é a clave para estruturarse en tres ámbitos: o polÃtico, o relixioso e o social.
Os visitantes de In tempore sueborum deben estar dispostos a dar un pequeno paseo polo casco vello ourensán, xa que a disposición da exposición en sedes está pensada para percorrer con calma a cidade. O percorrido inÃciase no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación, onde o visitante ten a oportunidade de coñecer as pezas internacionais traÃdas para a exposición. "Chamámoslle a esta sala "DeconstruÃr aos bárbaros. Entre o mito e a realidade", porque a nosa visión sobre estes pobos está moi mediatizada polos romanos, que foron os auténticos creadores da idea de bárbaro", sinala Quiroga. Esta sala, con pezas autenticamente espectaculares, reune enxovais funerarios, suntuosas xoias e mesmo restos humanos procedementes de centroeuropa. "Queriamos amosar que hai unha serie de elementos que son denominadores comúns a estes pobos desde Centroeuropa ata Gallaecia".
Neste ámbito tamén se poden ver as pezas asociadas claramente aos xermanos localizadas tanto en Galicia como noutras áreas do occidente hispánico, como as famosas moedas da época. "As moedas son un sÃmbolo de poder e a representación do poder sobre ese territorio. Case todos os pobos bárbaros acuñaron moeda, pero o reino suevo foi quen o fixo de maneira máis temprana. O rei Requiario é o primeiro bárbaro en emitir unha moeda incluÃndo o seu nome e a súa capital, Bracara Augusta (a actual Braga)". Deste xeito, na exposición se poden observar moedas emitidas nas diferentes cecas galegas. "Unha particularidade do reino suevo é a elevada concentración de cecas nas que se acuña moeda no noroeste da penÃnsula", apunta Jorge López Quiroga, "o cal nos está a evidenciar a itinerancia da corte real. Alà onde estaba o rei, tamén estaba a corte e moi posiblemente, a acuñación de moeda".
A segunda sede, a igrexa de Santa MarÃa, representa para Jorge López Quiroga un claro exemplo de como os suevos non transformaron moito as dinámicas da sociedade galaicorromana da época, e que se pode apreciar no fenómeno relixioso. "O que nos permite ver é que os suevos non cambian o ritmo da cristianización, aÃnda que percibimos, por exemplo, na figura de San Martiño de Dumio, como se produce a alianza entre o catolicismo e a monarquÃa sueva, que chegan mesmo a fortalecela e darlle identidade fronte os seus inimigos os visigodos". Nesta parte da exposición desmitifÃcase un dos obxectos máis asociados aos suevos durante o século XX: as laudas de estola. "Hoxe sabemos que non están relacionados con eles, senón máis ben coas xerarquÃas eclesiásticas dependentes dos bispados. Representamos un mapa que amosa como están vinculadas ás vÃas romanas e aos primeiros bispados", indica Quiroga.
A terceira das salas, no Museo Municipal de Ourense, introdúcese no ámbito da sociedade. "O que queremos amosar é que, a pesar do poder suevo, na Gallaecia non se altera a evolución interna da sociedade galaicorromana", indica Quiroga, "que desde o punto de vista do poboamento, no que chegan os suevos xa está moi estruturada". A exposición revela que os suevos gobernaron, pero non supuxeron unha creba das dinámicas propias deste territorio. "Pola arqueoloxÃa sabemos que continúa a actividade comercial, os castros seguen a súa propia dinámica. Como o modelo dos suevos en realidade era Roma, nada se alterou de maneira substancial", afirma Quiroga.
A exposición In tempore sueborum amosa un universo que agora pasa do mÃtico á realidade das salas dos museos.