Gálix lembra a María Victoria Moreno na xornada Desfacendo a raia

Urco publica O amor e as palabras da autora homenaxeada no vindeiro Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Gálix lembra a María Victoria Moreno na xornada Desfacendo a raia

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) celebra hoxe en Pontevedra a segunda edición da xornada Desfacendo a raia. No marco deste encontro desenvolverase, a partir das 12 da mañá o Encontro María Victoria Moreno, no que se lembrará a figura homenaxeada no vindeiro Día das Letras Galegas. Co lema Unha mestra que sabía ler nos ollos dos Cachorros a escritora e académica Fina Casalderrey, o ilustrador Manuel Uhía e o escritor e presidente de Gálix Xosé Antonio Perozo falarán sobre esta autora.

Canda a esta homenaxe, comezan xa os lanzamentos editoriais de cara á principal efeméride da nosa literatura. Deste xeito Urco Editora acaba de pór na rúa O amor e as palabras, un volume que recupera unha selección de relatos espallados de Moreno que foran publicados maioritariamente en libros colectivos. Canda a estes textos, o título incorpora un relato inédito dos últimos que escribiu e que ficara custodiado no computador da autora.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Moitas historias de amor

Moitas historias de amor

O CCG publica a edición facsímile do primeiro libro en galego de María Victoria Moreno

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con GÁLIX, María Victoria Moreno, Manuel Uhía, Manuel Uhía...