A USC edita en facsímil unha obra do xesuíta Kircher, precursor do cinema

Debuxos animados do século XVII

O décimo libro de Ars Magna Lucis et Lumbrae, do xesuíta alemán do século XVII Atanasio Kircher ven de ser editado en edición facsímil pola Universidade de Santiago de Compostela. Kircher ven sendo considerado tradicionalmente coma un dos precursores do cinematógrafo polos seus experimentos de proxección de sombras en movemento.

Un tratado sobre a luz



O orixinal do libro reeditado atópase entre os fondos da Universidade, e trata sobre procedementos de reloxería, da luz e da sombra e dos secretos da relación da luz e dos espellos. Kircher describiu o aparello coñecido como lanterna máxica, que permitía proxectar imaxes sobre unha superficie plana.


Sabio polifacético


Kircher destacou na súa época como un experto en todas as ramas do saber. Estudiou o magnetismo, a astronomía, a historia natural, a xeoloxía, a óptica, a acústica, as matemáticas e as linguas entre outras disciplinas. Nas súas investigacións mesturaba crenzas e métodos anteriores ó século XVII co novo método científico. A súa afección á ciencia recreativa levouno a realizar proxeccións coa lanterna máxica ante os cardeais de Roma.