A astrofísica Begoña Vila gaña o premio Wonenburger

O enxeñeiro Antonio Vidal, mellor científico de datos do ano en España

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Begoña Vila. Fonte: Xunta de Galicia

Begoña Vila. Fonte: Xunta de Galicia

A astrofísica viguesa Begoña Vila acaba de ser galardoada co premio María Josefa Wonenburger, co que a Xunta "quere resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e a tecnoloxía". Vila, que traballa actualmente na NASA a desenvolver o telescopio espacial James Webb, está especializada no estudo de galaxias espirais. A entrega do galardón realizarase ao longo do mes de novembro.

En paralelo, o enxeñerio Antonio Vidal acaba de ser recoñecido como mellor científico de datos do Estado. O xurado dos Data Science Awards Spain 2017, recoñeceron o seu traballo nun proxecto de algoritmos para predicir o prezo de poxa dun servizo na nube. Os premios, impulsados pola empresa Synergic Partners, distinguen as mellores iniciativas particulares e empresariais e de xornalismo de datos no eido da información a gran escala (Big Data).

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Ciencia, Tecnoloxía, NASA...

Claves

Entidades