Alejandro Vargas, Rosa Cedrón e Camerata Egeria homenaxean a Chané

aCentral Folque presenta o disco Chané na Habana

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Alejandro Vargas, Rosa Cedrón e Camerata Egeria homenaxean a Chané

O pianista cubano Alejandro Vargas e a cantante Rosa Cedrón capitanean Chané na Habana, o disco en homenaxe ao coñecido compositor galego que acaba de ver a luz da man de aCentral Folque e a Deputación da Coruña a coincidir co centenario do músico. O proxecto, que se puido ver ao directo este verán na Coruña e en Compostela reivindica a totalidade da obra do compositor desde a perspectiva da música cubana. Unha reinterpretación na que Vargas e Cedrón se acompañan de dezaseis músicos de catro nacionalidades, entre eles o trompetista cubano Myquel González e varios membros da Real Filharmonía de Galicia reunidos na Camerata Egeria, todos eles baixo a dirección artística de Ramon Pinheiro.

Clásicos como Os Teus Ollos ou Un Adios a Mariquiña encóntranse neste álbum, que se presentou onte ao público no Teatro Colón da Coruña e que verá dúas presentacións máis, con concertos este 28 de outubro no Auditorio Municipal de Rianxo e o vindeiro 11 de novembro, no Auditorio Municipal de Melide.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosa Cedrón, aCentral Folque, Real Filharmonía de Galicia, Deputación da Coruña...