O Curtas Fest de Vilagarcía inicia a 45ª edición con ilustres invitados

O decano festival xunta cine e banda deseñada por segundo ano consecutivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel da 45 edición. Arte de Juán Giménez

Cartel da 45 edición. Arte de Juán Giménez

Nado coma o Festival de Cine Aficionado de Vilagarcía no ano 1973, o Curtas Fest celebrase ininterrumpidamente desde fai 44 anos en Vilagarcía de Arousa. É o festival cinematográfico decano de Galicia e un dos certámes con máis tradición da Península Ibérica. Este ano cumpre o seu cadraxésimo quinto aniversario e acolle, por segundo ano consecutivo, as Xornadas de Banda Deseñada de Vilagarcía. Dende hoxe luns ata o domingo 29 proxectará as curtametraxes de competición oficial ademais de numerosas longametraxes, moitas delas estreas en Galicia. O Curtas Fest ademais traerá a Vilagarcía a numerosos creadores do cine e da banda deseñada entre outros Juanma Bajo Ulloa, Esteban Maroto, o debuxante arxentino Juan Giménez ou Ángel Salas, Director do Festival Internacional de Cine Fantástico de Catalunya, Sitges. O programa inclué tamén exposicións, música e outras actividades durante toda a semana.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Banda deseñada, Exposicións, Catalunya...