O Fantasporto outorga o seu Premio Especial ao Festival Curtas do Imaxinario

A colaboración entre ambos eventos permitiu levar o proxecto Galicia Imaxinaria ao festival internacional luso

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Fantasporto outorga o seu Premio Especial ao Festival Curtas do Imaxinario

O Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa ven de ser distinguido desde o prestixioso festival luso Fantasporto, unha referencia internacional en cine fantástico e de terror. Na clausura da 46ª edición do evento portugués entregouse o Premio Especial do Fantasporto ao festival arousán, un recoñecemento que pon en valor a súa traxectoria, a súa contribución ao cine fantástico e o seu labor de promoción internacional do talento galego. Entre ambos festivais existe desde fai anos unha cooperación fluída. 

Con este premio Fantasporto recoñece non só a calidade da programación do festival de Vilagarcía, senón tamén a súa capacidade para xerar sinerxías internacionais.  O galardón foi entregado por Mario Dorminsky, director do Fantasporto a Luis M. Rosales, director de Curtas. A participación o Festival do Imaxinario nesta edición do Fantasporto tivo como resultado a presentación do proxecto Galicia Imaxinaria, un xeito de de dar presenza internacional a través do evento portugués e outros á creatividade e potencial dos creadores galegos. A colaboración entre ambos eventos incluirá tamén na seguinte edición do Curtas do Imaxinario unha mostra retrospectiva de curtametraxes de xénero  seleccionada desde o Fantasporto.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 1 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fantasporto, Cine, Portugués, Curtas Festival do Imaxinario...