A coprodución de Pórtico “A Promesa” compite no festival internacional de cine fantástico de Porto

Promesa fantástica

22/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Ata o vindeiro seis de marzo, o cine fantástico ten unha cita en Porto. Desde hai 25 anos celébrase o Fantasporto, un dos festivais máis importantes do xénero, que este ano inclúe unha película galega a competición. Tratase de “A promesa” a longametraxe dirixida polo coruñés Héctor Carré e que foi coproducida por Pórtico. Como novidade, o festival creou “Fantas Sound” un ciclo especial de concertos que abrangue diferentes estilos musicais. Ademais, coincidindo co seu vintecinco aniversario, o grupo Milladoiro (que tamén cumpre 25 anos) iniciará o vindeiro venres un amplo programa de actividades paralelas.

Máis información no web do festival

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Héctor Carré, Héctor Carré, Xénero...

Claves

Conceptos
Lugares