A falta de coñecerse o fallo final do xurado dos Premios Fest ven de facerse pública con certo retraso a lista definitiva dos tres finalistas por cada categorÃa. O resultado para os festivais galegos que aspiran a algún recoñecemento é case calcado do ano anterior co Resurrectión Fest e o Portamérica entre os candidatos que conseguen estar nas quinielas finais.
O festival de rock duro viveirense acada un posto final en catro categorÃas este ano, unha máis que na anterior edición dos premios xa que ademais hai novas categorÃas nesta cuarta edición dos premios de referencia estatais para estes eventos. O "Resu" entra neste ano entre os tres aspirantes na nova categorÃa de premio Mellor aportación turÃstica, que recoñece aquel festival que achega á zona onde se celebra máis e mellores beneficios a nivel turÃstico e aos tecidos industriais e empresariais. Neste sentido desde o festival calcula un impacto de algo máis de 11 millóns de euros na economÃa local. Repite o "Resu" tamén, coa sua 12ª edición do 2017 na categorÃa de Mellor Festival de Gran Formato pola que xa resultou gañador o pasado ano. Con máis 80.000 asistentes o Resurrection terá que competir este ano co Sonorama Ribera e o BBK Live, de Bilbao. Esta mesma terna de finalistas repÃtese no galardón para a Mellor Zona de Acampada. No norte quedará o premio do bo comer, o que premia a Mellor Zona de restauración para os festivais españoles, neste caso o BBK Live será o terceiro en discordia ante dous finalistas galegos: o Resurrection Fest e o VIº Portamérica. O festival de Caldas é fiel á final desta categorÃa grazas ao seu Showrocking que este ano reuniu a 30 chefs que suman 10 Estrelas MichelÃn. Ademais disto dous dos artistas presentes no cartel do Portamérica 2017 son candidatos a levar o premio ao Mellor Directo nacional: o rapeiro Kase.O e o madrileño Quique González, que estiveron este ano na carballeira de Caldas. Outros 13 festivais galegos optaban a entrar na final destes IV Premios Fest pero quedaron fóra despois do proceso de votacións populares e a decisión do xurado. Será o vindeiro dÃa 25 de outubro, en Bilbao, durante a celebración do congreso BIME Pro da industria musical, cando se coñecerán os vencedores e saberemos se algún deste premios virá para Galicia.