O xurado do premio Mondoñedo 10, organizado polo concello de Mondoñedo, resolveu este domingo conceder o premio a mellor libro de poesía da década 2007-2016 (os dez anos anteriores á convocatoria) a Hordas de escritura, de Chus Pato (Xerais, 2008). O xurado, integrado por representantes das entidades literarias e vinculadas ao mundo do libro de Galicia, valorou a "a importancia dunha obra con vocación experimental, con vontade de superar os límites da linguaxe poética convencional, transgredindo os xéneros literarios e que supón un paso adiante no proxecto de indagación das posibilidades da linguaxe poética que a autora desenvolve. Chus Pato intenta artellar un discurso de colectividade na liña da poesía moderna escapando do suxeito lírico individual".
Mondoñedo 10 premia a vontade transgresora da poesía de Chus Pato
A obra Hordas de escritura faise co Mondoñedo 10
1 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Lugares