O proxecto Enredadas leva un Premio Nacional de Artesanía

A iniciativa pon en valor o traballo das redeiras tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O proxecto Enredadas leva un Premio Nacional de Artesanía

Enredadas, a iniciativa para a posta en valor do traballo das redeiras mediante o deseño e produción por parte destas profesionais de complementos de moda ou pezas de bixutería, acaba de ser recoñecido cun dos Premios Nacionais de Artesanía. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro recollían onte o galardón Promociona para Entidades Públicas para este proxecto na gala que organizou en Madrid o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. O galardón, un dos cinco que se entregan anualmente, non conta con dotación económica

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Moda, Madrid

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares