A revista oral Letra das Festas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) aproveitará a celebración do San Froilán en Lugo para celebrar a súa sétima edición que neste caso xirará temáticamente arredor do pulpo. A gran estrela culinaria do San Froilán servirá de fÃo condutor para narrar historias e anécdotas, sucedidos acontecidos nas “casetas” e protagonizados por pulpeiras, mesoneiros e grandes comedor@s do polbo. Isidro Novo, Lois Pérez e Antonio Reigosa coordinan e presentan este VII Letra das Festas no que contan coa participación de Fernando Arribas, Xosefa Anllo Fernández, Aida Soengas, Aurora do Carballiño e Amador Porta AlfonsÃn adeemais da ambientación musical a cargo da formación Os Minhotos. Contando co apoio da ConcellarÃa de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo o acto celebrarase no Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (rúa Alcalde Anxo López Pérez, 34), o martes, 10 de outubro, ás 18:00 horas, con entrada gratuÃta até completar aforo.