A arte de Emma Ríos intégrase na colección de Prada

David Rubín presenta dous novos títulos e Martín Romero publica La deuda

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Fonte: Web de Prada

Fonte: Web de Prada

A recoñecida casa de moda Prada acaba de presentar a súa colección de muller para a primavera/verán de 2018, cunha clara homenaxe á banda deseñada. En concreto, a marca apostou nesta serie de prendas por recoller debuxos de oito creadoras de banda deseñada de todo o mundo, entre elas a debuxante arousá Emma Ríos. Prada sinala que as seleccionadas retratan mulleres no seu propio xeito único de empoderamento. Canda a Ríos, Brigid Elva, Jöelle Jones, Stellar Leuna, Giuliana Maldini, Natsume Ono, Trina Robbins and Fiona Staples fan parte desta iniciativa.

Pola súa banda David Rubín continúa o seu acelerado ritmo de produción e anuncia para decembro a publicación da primeira entrega de Rumble. O ourensán toma o relevo de James Harren aos lapis da serie, con guión de John Arcudi. Unha historia de acción e misterio sobrenatural que verá a luz en Estados Unidos da man da editorial Image en volumes de 32 páxinas. En paralelo, a editora vasca Astiberri acaba de presentar Olimpus, unha serie de sete poemas visuais que foran publicados na extinta revista Humo e que agora o autor recupera, con cor e adaptados ao formato dixital. O volume, que se publica exclusivamente en edición electrónica, está dispoñible para descarga desde hoxe.

Continúa tamén a súa carreira Martín Romero, que dá a coñecer da man da editorial La Cúpula o seu novo traballo. La deuda é unha novela gráfica de 288 páxinas nas que o autor narra a historia dun humorista arruinado e os seus problemas por mor dunha importante débeda económica.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Banda deseñada, Martín Romero, David Rubín...