Ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae danse cita no novo traballo de UxÃa. A cantante colabora con Sérgio Tannus para crear UxÃa_O, un álbum no que musican os textos de UxÃo Novoneyra. O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 30 a presentación do proxecto, no que, ademais de poemas musicados, tamén se presentan diferentes textos unidos nunha mesma canción, como é o caso de O aire ou A miña sombra correndo, transformado en alalá. O álbum recupera tamén a composición Cain as follas, de Emilio Cao, ou Alalás encadeados, poema inédito que xa se puidera escoitar no disco Meu Canto de UxÃa.
O libro-disco, editado por Damadriña Producións, conta co acordeón de Santi Cribeiro, as percusións de Isaac PalacÃn e con José Manuel DÃaz ao contrabaixo, ademais de colaboracións de Ana Isabel DÃas na arpa clásica, Quim Farinha no violÃn ou Fred Martins. Despois do concerto de presentación na Coruña, que é gratuÃto con convite, a Cidade da Cultura en Compostela acollerá un segundo recital de presentación do proxecto o vindeiro 14 de outubro.