A Granxa de Barreiros acolle o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes

A iniciativa inclúe concertos, observacións e conferencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
A Granxa de Barreiros acolle o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes

Coa recepción de visitantes e unha cea comezan esta noite as actividades do III Congreso Internacional de Observadores de Nubas. A Granxa de Barreiros, en Sarria, acolle ata o vindeiro domingo este encontro, único no mundo, e que ten lugar cada dous anos. Nesta xeira a iniciativa contará con actividades como o concerto de Fetén Fetén, unha conferencia sobre a representación das nubes no cinema, paseos para observar estes fenómenos atmosféricos, voos en parapente ou a exposición de debuxos do ilustrador e historietista francés Troubs. Ademais, inaugurarase un cianómetro, aparello deseñado para medir o azul do ceo que quedará instalado na propia granxa.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Coa cabeza nas nubes

Coa cabeza nas nubes

Sarria acolle o II Congreso Internacional de Observadores de Nubes, un encontro único no mundo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barreiros, Cine, Sarria

Claves

Conceptos
Lugares