Curtocircuito medra con actividades, concertos e estreas

Peter Greenaway e Alberto García-Alix entre as figuras destacadas presentes no festival

Peter Greenaway e Alberto García-Alix entre as figuras destacadas presentes no festival
A décima cuarta edición do festival audiovisual Curtocircuíto de Santiago presentou hoxe o seu programa completo coas intervencións do seu director, Pela del Alamo, e de representantes das tres administracións públicas que colaboran para sacar adiante o evento ademais de outros patrocinadores e axentes culturais: o Concello de Santiago, a Deputación Provincial da Coruña e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da administración autonómica. Del Álamo presentou as principais novidades remarcando que para eles o reto de Curtocircuito consiste en facer que "cada edición sexa diferente á anterior, non só en nomes" e daí a importancia de ir engadindo novidades como este ano os encontros Arredor do Son, un programa de actividades formativas sobre o o concepto do son como forma de expresión e que para Del Álamo demostra a aposta do festival por dialogar con outras disciplinas artísticas que compoñen o cinema, "enriquecemos a proposta", asegura o director. En canto a presenzas destacadas o cineasta inglés Peter Greenaway (Newport, 1942) será o convidado estelar desta edición, celebrando un encontro co público ademais dunha exhibición de obras seleccionadas por el e unha retrospectiva dos seus primeiros traballos como realizador. Greenaway é coñecido por obras como O contrato do debuxante (1982), Drowning by numbers (1980), O ventre do arquitecto(1987) ou O cociñeiro, o ladrón, a súa muller e maila amante(1989), coas que acadou un gran recoñecemento de público e crítica nos anos oitenta. Outro dos nomes coñecidos que traerá o festival a Compostela entre o 1 e o 8 de outubro é o de Alberto García-Alíx (León, 1956). Maís coñecido pola súa faceta como artista fotográfico pola que acadou o Premio Nacionald e Fotografía, neste caso o festival presenta unha retrospectiva do seu menos coñecido traballo como cineasta do que se realizarán dúas proxeccións, ademais García-Alix tamén formará parte do xurado desta edición do Curtocircuíto.

Curtocircuíto é un festival que "aposta por medrar" cada ano, en palabras de Martiño Noriega, alcalde de Santiago, coas que coincidiu Pela del Álamo. Así o número de películas que se presentaron este ano competición subiu máis de cen respecto ao pasado ano, situándose en 1.290 cintas procedentes dos cinco continentes e cada vez son máis os cineastas que elixen o festival para facer as estreas das súas cintas. É o caso da cinta Fajr do realizador galego Lois Patiño que se presentará por primeira vez en Galicia competindo na sección oficial ou da estrea en España de Minute Bodies: The Intimate world of F. Percy Smith, dirixida por Stuart Staples, cantante da banda Tindersticks. No que ten que ver co mundo da música o Curtocircuíto 17 presentou tamén un importante programa de concertos dentro da súa postura interdisciplinaria e transversal coas artes. Así a inauguración do festival o 30 de setembro correrá a cargo do artista dixital Alex Augier cun espectáculo formal ao que seguirá a actuación do grupo Vive les cônes. Dentro do programa de catro concertos que ofrece Curtocircuito nas Salas Capitol e Riquela Club, estarán o alemáns faUSt, banda de kraut rock en activo desde os anos 70, e os galegos Álex Silva e Pálida ademais de Ricardo Remédio, Horse Lords e Jupiter Lion. os abonos para o ciclo de concerto poden adquirirse de xeito separado ao resto do festival audiovisual, existindo tamén un abono conxunto para ambas liñas de programa.

Arredor do Son
A actividade de encontros formativos sobre o concepto do son como forma de expresión preséntase como unha das importantes novidades deste ano. Varios obradoiros, conferencias e performances terán lugar nesta actividade que se realizará, na súa maior parte no edificiod e Obra Social de Abanca na Praza de Cervantes. Por alí pasará Ricardo Steinberg, gañador de tres premios Goya que falará sobre as posibilidades expresivas da creación de sons nos filmes. O coreógrafo Javier Martín impartirá un obradoiro aberto á experimentación explorando as relacións entre corpo e espazo. Mateo Mena, integrante da Metamovida, impartirá un taller para cativos : Rebobina! Experimentos sonoros con cinta de casete, cun enfoque faino-ti-mesmo. Os encontros contarán con varios obradoiro e conferencias máis ademais de proxeccións e o concerto do artista experimental Álex Mendizabal. Arredor do Son é unha actividade enmarcada dentro do programa formativo Galicia ProFilme de AGADIC.

Planeta Gz
A sección competitiva oficial, dividida nas categorías Radar, Explora, Penínsulas e Planete Gaz, ofrece un ano máis nesta última unha escolma representativa da escena audiovisual galega. O audiovisual con marca do país estará representado polos traballos de cineastas como Adrián Canoura, Jaione Camborda, Tono Mejuto, Diana Gonçalves, Claudia Costafreda, Noemí Chantada, Marcos Flórez, Lois Patiño, Iván Nespereira e Fon Cortizo. Ao elenco hai que engadir á compostelá helena Girón, quen co-dirixe xunto a Samuel delgado Plus Ultra obra estreada no pasado festival de Locarno que compite na sección Radar. Por segundo ano consecutivo a sección Penínsulas, que recoñece o mellor traballo español, cualificará automáticamente para os Premios Goya a cinta que resulte gañadora en Compostela.