TVE levará á animación a serie de libros ilustrados de El Hematocrítico e Alberto Vázquez

Felices feroces ampliará o universo de O lobiño riquiño e Axente Riciños,

14/9/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe de Felices feroces

Os contos O lobiño riquiño e Axente Riciños, con texto de Miguel López El Hematocrítico e ilustracións de Alberto Vázquez, terá unha versión animada da man de TVE. A produtora vasca Uniko levará á pantalla esta serie de 52 capítulos de sete minutos no que se recrean con novas perspectivas os personaxes dos contos tradicioais. Un lobo bo, a madrasta de Brancaneves e outros caracteres clásicos atópanse en Felices feroces, un proxecto no que Vázquez e El Hematocrítico amplían o universo dos libros xa publicados e que aposta pola animación en 2D para o seu desenvolvemento.

Universo culturagalega.gal

Contextos