As Rutas de Historia animan a percorrer o país en clave de memoria e cultura

Trátase de sete itinerarios en diferentes puntos do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O web historiadegalicia.gal puxo en marcha unha iniciativa para coñecer Galicia a través da súa historia. Coa colaboración de activistas culturais locais e diferentes colectivos, as Rutas de Historia propoñen itinerarios por toda Galicia: o Monte Seixo, a Serra do Barbanza, Ponte Maceira, a raia húmida, A Fonsagrada, Trives ou Betanzos son algúns dos espazos que serán visitados. As rutas nacen co obxectivo de "recuperar o patrimonio oculto que atesoura Galicia" e propoñen percorridos para descubrir o valor antropolóxico e lendario das montañas, coñecer o patrimonio indiano, explorar as trazas de conflitos bélicos ou visitar zonas pouco coñecidas das serras. É necesario inscribirse para participar. As andainas comezarán o 17 de setembro e rematarán o 28 de outubro de 2017.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fonsagrada, Barbanza, Betanzos