A nova edición do Ciclo Monumenta convida a coñecer o patrimonio andando

Oferta oito andainas para descubrir patrimonio natura, histórico e industrial

11/7/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

A cuarta edición do Ciclo Monumenta organizado pola Consellería de Cultura presentou hoxe o seu programa, baixo o título Andar con arte, que se desenvolverá en oito andainas por diferentes puntos do país. Comezando o 20 de xullo co desembarco no Castelo de San Felipe, en Ferrol e rematando en Monforte achegando a participantes a conexión desta localidade con Castela e Nápoles no século XVI, nunha andaina o 28 de agosto. Entre medias as andainas tamén percorrerán o patrimonio industrial dos Vales do Ulla e o Umia, a Fonsagrada, as zonas de contrabando en Bande e Rairíz de Veiga o patrimonio industrial e xeolóxuico da Ribeira Sacra ou as Salinas de Ulló en Vilaboa. En todas as andainas irán convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte para enriquecer a experiencia e explicar os percorridos. Algunhas das actividades do ciclo Monumenta requiren inscrición previa nun prazo determinado e o pago da entrada nalgúns edificios privados será por conta dos participantes.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

11/06/2014

Monumentar o próximo

O ciclo Monumenta busca a conexión do patrimonio coa poboación local mediante diferentes actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Arqueoloxía, Arquitectura, Xeografía...