Co obxectivo de visibilizar a capacidade creativa e artística das mulleres nas máis diversas disciplinas o proxecto 85C ( 85 polo ano de nacemento de Rosalía e C polo apelido castro) creouse conseguiu xuntar a 60 artistas. Estes 25 e 26 de agosto ofrecerán a súa arte a través dun intenso programa que inclúe actividades teatrais, danza, recitais, concertos, graffiti, proxección audiovisual e unha longa lista de posibilidades para compartir o talento destas creadoras. Un evento apto para todo os públicos que durará de 11.30h da mañá do sábado a 5h da mañá do domingo pasando por varias ubicacións da cidade olívica, rúas, prazas e locais pechados. O festival comezará no Mercado Progreso 41 cun contacontos infantil de Charo Pita ao que seguirá outro en sesión vermú da escritora Eli Ríos adaptado a todos os públicos pero dirixido aos adultos. Pola tarde será no espazo detrás do MARCO onde se desenvolvan as actividades con recitais, danza, performances, proxeccións audiovisuais de curtametraxes e videoclips e música en directo. Na noite no Master Masterclub Vigo comezará ás 23 horas unha Jam Aberta coa Di-Bass Ensamble mais os coros de danza urbana con 15 bailarinas de danza urbana bailando. As actuacións no Mercado Progreso e no Masterclub terán un prezo de entrada de 5 euros. Ás tres da mañá todo se trasladará ao Monk Blues Cóctel Bar onde haberá unha sesión de dj sorpresa ata as 5.