O Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para sufragar a recuperación do conxunto de edificios que compoñen o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, a infraestrutura inaugurada hai dous anos para mellorar a atención na meta do Camiño de Santiago. Este acordo facilitará a rehabilitación do edificio modernista que se atopa neste recinto, situado na rúa de Carretas da capital galega. En concreto, realizaranse intervencións nas catro fachadas desta construción. Nelas substituiranse as actuais carpinterÃas de aluminio por outras de madeira de castiñeiro. Ademais, modificaranse as escaleiras que comunican as plantas altas do edificio para servir de vÃas de evacuación cando se actúe nos ditos niveis. As novas actuacións de rehabilitación levaranse a cabo a través dun orzamento de preto de 430.000 euros, que ven sumarse a anteriores contÃas destinadas ao mesmo inmoble por parte das arcas públicas por monto de 1,5 millóns de euros nunha primeira partida e de 320.000 euros noutra posterior. Despois dun 2016 de récord que rematou con 277.854 peregrinos, nos sete primeiros meses do ano mantense a tendencia á alza. Nese tempo percorreron a ruta xacobea case 160.000 persoas, un incremento do 9% respecto ao mesmo perÃodo do pasado ano.