A Asociación da FotografÃa Galega, constituÃda en xaneiro de 2017, realizará a súa presentación pública esta tarde do xoves 27 ás 19.30 horas na Escola 35.ESAV de fotografÃa, en Vigo. O obxectivo da asociación é "visibilizar, debater e solucionar os moitos problemas que ten o sector, representando os intereses dos fotógrafos nos foros nos que se tomen decisións e formentar a solidariedade dos afiliados mediante a promoción e creación de servizos comúns de natureza asistencial". Segundo a asociación, procura "sensibilizar organismos e entidades sobre a importancia da fotografÃa e ten como prioridade defender os dereitos dos profesionais conforme as leis, priorizando as condicións de ilegalidade e mesmo clandestinidade que aÃnda rexen algunahs relacións profesionais do sector". Na xuntanza de hoxe participarán o presidente da Asociación, Tono Arias, xunto con Pilar Abades e Luis DÃaz, vogais, e contará cunha conferencia de Iago Otero, un avogado especializado en dereitos de autor.