Premio Platino de Cine Iberoamericano para Psiconautas

A longametraxe de animación de Alberto Vázquez segue acumulando galardóns

A longametraxe de animación de Alberto Vázquez segue acumulando galardóns
Imaxe promocional Foto: ZircoZine
A película de animación Psiconautas, los niños olvidados de Alberto Vázquez ven de recoller un novo premio. A cinta, dirixida por Alberto Vázquez e Pedro Rivero a partir da novela gráfica homónima de Alberto Vázquez, ven de ser recoñecida nos Premios Platino de Cine Iberoamericano como mellor película de animación. A película esta producido por ZircoZine e Basque Films en coprodución con Abrakam Estudio e La Competencia. Este galardón ven a engadirse a un voluminoso palmarés que a cinta leva recollido desde a súa presentación e que inclúe o Premio Goya 2017, o Premio Animovie do festival de Stuttgart e outros recoñecementos como foron os premios á mellor longametraxe no Festival Macabro e o de mellor filme de animación do FIC Monterrey, ambos en México, o obtido do Imaginaria, tamén en Italia, ou o do festival Fantasía de Canadá.