Alberto Vázquez presenta Psiconautas no Festival de San Sebastian

A longametraxe de animación é unha coprodución de Zircozine

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Alberto Vázquez presenta Psiconautas no Festival de San Sebastian

Comezou como unha banda deseñada, deu pé a unha curtametraxe (Birdboy) e agora preséntase como longametraxe de animación. O debuxante coruñés Alberto Vázquez dirixe e guioniza, canda a Pedro Ribero, Psiconautas, un proxecto que se estreará o vindeiro 24 de setembro no Festival de Cinema de San Sebastián. O filme mantén os personaxes principais da historia, Birdboy e Dinki, que tentan sobrevivir nunha illa arruinada por unha catástrofe ecolóxica. O proxecto é unha coprodución na que participan a galega Zircozine, e as vascas Basque Films, Abrakam Studio e La Competencia.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Animación, Banda deseñada, Cine

Claves

Protagonistas