As Xornadas de Cine e VÃdeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño, as máis veteranas de todas as citas co audiovisual en Galicia, desenvolverán unha nova edición do 30 de xullo ao 4 de agosto. Esta 33ª Xociviga fará unha homenaxe ao actor coruñés Fernando Rey e acollerá a exposición Carlos Casares e o Cine, ademais de programar exhibicións da produción máis recente e premiada do cine galego. As Xornadas comezarán na noite do 30 de xullo, coa proxección na praza Maior do Carballiño de El bosque animado. O acto, que contará coa presenza do director José Luis Cuerda, servirá para renderlle homenaxe ao actor galego Fernado Rey, un dos protagonistas do filme, xa que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento na Coruña. O programa continuará ata o 4 de agosto con 16 pelÃculas en catro seccións: Xociviga Cinema, que exhibirá seis filmes (entre eles, Locas de alegrÃa, Land of Mine ou Un Hombre llamado Ove), Xociviga Nenos, con pases matinais de éxitos infantÃs, Documentais Galicia, composto por Contando a Carlos Casares, Esquece Monelos e Manuel Vilariño Ser Luz; e Ficción Galega, con MarÃa y los demás, Migas de pan, Mimosas e Sicixia. A exposición Carlos Casares e o Cine, estará instalada na Casa do Concello (que se completará cunha conferencia do mesmo tÃtulo a cargo do mestre e crÃtico Miguel Anxo Fernández); tamén estará a exposición Retratos Documentados, de José Abalo, que se poderá visitar no Auditorio Municipal. Esta última mostra é tamén a protagonista dunha das publicacións das Xociviga deste ano, xunto co libro-programa que incluirá textos asinados por José Luis Cuerda sobre Fernando Rey.