As XXV Xociviga achéganse aos máis novos

As Xornadas de Cine e Video do Carballiño farán obradoiros xuvenís

22/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O evento decano do audiovisual galego, as Xornadas de Cine e Video do Carballiño (Xociviga), chegan á súa vixésimoquinta edición. Será a partir do vindeiro 1 de agosto cun programa no que contarán con José Luís Cuerda e co actor José García entre outros convidados. Ao tempo, o evento quere servir de homenaxe para todas as persoas que nestes vinte e cinco anos traballaron a prol desta cita. Entre os eventos previstos está a realización de obradoiros cinematográficos orientados aos máis novos, que aprenderán animación, rodaxe e montraxe de curtametraxes. Cun orzamento total de 50.000 euros, no proxecto amosaranse tamén filmacións da historia recente da vila.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Carballiño, Animación

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares