As 31 Xociviga homenaxean o Cineclube O Carballiño

Celébranse entre o 11 e o 17 de agosto

7/8/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A actividade do Cineclube O Carballiño será homenaxeada na 31 edición das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga) que se celebran nesa vila entre o 11 e o 17 de agosto. O Cineclube foi unha peza fundamental na posta en marcha desta iniciativa e correu coa organización das xornadas durante boa parte da súa historia. O encontro inclúe a proxección en diferentes espazos da vila de filmes como El Hobitt, la desolación de Smaug, Brave, Urxa, A casa da luz, Continental, El gran hotel Budapest ou Los fenómenos. O programa inclúe tamén a celebración dun encontro audiovisual galego-portugués e de diferentes actividades.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Carballiño, Portugués

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares