O Concello de Nigrán quere agora presumir de paraxes naturais e ven de presentar un evento musical para esta fin de semana no cumio de Monteferro. Este enclave sobre a rÃa, fronte ás Illas Estelas, preséntase como un escenario ideal para dous tipos de espectáculo ao mesmo tempo: as actuacións musicais e os solpores. Polo miradoiro de Monteferro pasarán cinco grupos durante estes dous dÃas no horario de caÃda do sol. Todos eles teñen en común ademais ter raÃces en Nigrán. O venres 21 ás 20 horas poderá asistirse á actuación performativa de Bliusvai, un proxecto artÃstico de música ecolóxica a cargo de Rubén Fernández e Macarena Palacios á dirección artÃstica que ten como principal instrumento a voz. Tras deles virá Blue Monk, un trÃo musical xurdido en Nigrán no 2009, que fai revival de grandes éxitos de baile de todos os tempos e estilos. O sábado 22 a baixada do sol en Monteferro estará amenizada por tres bandas diferentes: o dúo 2us (Dous) formado por Pablo Carrera á guitarra e Fernando Abreu ao clarinete; a banda viguesa Moon Cresta, emblema do Power & Funk; San Rockers, grupo de pop-rock consolidado enVigo no ano 2014. O Istmo de Monteferro ten sido obxecto desde hai anos de fortes controversias con colectivos ecoloxistas e asociacións locais organizando campañas para defendelo e protexelo de intervencións, cambios de ordenamento e e infraestruturas que puidesen dana o seu indubidable valor