Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous

O dúo propón música popular con influencias foráneas no seu primeiro disco

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Dous

Capa de Dous

Con nome de 2us, Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous, un traballo no que fusionan a música popular con sons tan afastados como os africanos, os orientais ou o jazz. Partindo da base de guitarra e clarinete, o traballo segue na liña do seu anterior disco Son só sons e inclúe batería, contrabaixo e percusións nalgúns dos seus 11 temas. Editado baixo selo Nakra, o disco foi gravado e mesturado polo propio Carrera nos estudios Tooma, Pinkroom e Ancestral entre xaneiro de 2011 e maio de 2012.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz

Claves

Conceptos