Non toda a Idade do Ferro no noroeste peninsular eran castros, ou non todos os castros son iguais. Asà se pon de manifesto nas escavacións do Coto do Espiño (Moimenta, Boiro), un sitio arqueolóxico localizado durante as vagas de incendios dos últimos anos. As escavacións revelaron a existencia de dúas cabanas circulares, pero tamén dunha muralla defensiva que protexe unha parte do emprazamento, aÃnda que segundo declarou a La Voz de Galicia o director da intervención, Carlos Rellán, do Grupo de Estudios para a Prehistoria do Noroeste (GEPN), "non se trata dun castro tÃpico cun noiro circular que rodea o xacemento, estamos falando dun espazo que aproveita a propia natureza defensiva do entorno e a reforza en sitios puntuais. O poboamento castrexo é máis diversificado e complexo do que crÃamos". A cronoloxÃa da fortificación sitúase entre o século IV e o II a.C.