Como ven facendo desde 2013 para garantir a viabilidade da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia tras os recortes ministeriais, a ConsellerÃa de Cultura e Educación ven de renovar o seu compromiso coa MIT a través da sinatura dun convenio por valor de 60.000 euros . Este apoio ao histórico encontro escénico a través da Axencia galega de Industrias (Agadic) ten como obxectivo desenvolver accións que afondarán na promoción do teatro galego e resolver unha situación de risco orzamentario da mostra que se creou coa desaparición de axudas ministeriais e a suba do IVE cultural no seu momento. No convenio que asinaron o alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez, e o director da Agadic, Jacobo Sutil. Nel, defÃnese a MIT –organizada polo Concello ribadaviense baixo a dirección artÃstica de Roberto Pascual– como un dos eventos máis importantes do noso sistema teatral e o "principal catalizador da refundación da escena galega nos anos setenta do pasado século". Agadic facÃa públicas aÃnda aonte as axudas que dedica a este tipo de eventos na súa convocatoria de concorrencia competitiva pola que reciben axuda outros nove festivais escénicos.
O pasado ano a MIT fixo achegarse 10.000 visitantes á vila conseguindo unha ocupación do 90% nos seus espectáculos. A 33ª edición da MIT, que terá lugar do 15 ao 24 de xullo, estruturarase en catro grandes bloques. AsÃ, darase continuidade á aposta do festival polos grandes mestres da escena mundial, con nomes como Suzanne Andrade do Reino Unido ou Eimuntas Nekrosius de Lituania. Haberá tamén un apartado especial dedicado á creación contemporánea a partir da obra de Shakespeare, que ofrecerá tanto as obras do proxecto Comedias de Teatro de la Ciudad, como as coproducións do festival coa compañÃa Voadora ou Teatro Oficina de Portugal. Ademais, terán un espazo destacado a danza, o circo e as artes de rúa (Vaivén Circo, Nova Galega de Danza etc.), asà como a posta en escena de Valle-Inclán en galego nunha función especial de clausura do festival con A cabeza do dragón, de PT Excéntricas..