A partires dunha noticia real recente sobre un conflito dentro dun convento en Santiago, Cándido Pazó escribiu un texto dramático que a compañÃa de teatro Contraproducións levou a escena e co que abrirá hoxe a 34 Mostra Internacional de Teatro en Cangas. Nacidas libres é ademais teatro dentro do teatro, na obra catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: "A policÃa rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago". Con esa inspiración van argallando un espectáculo no que, con dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas ou a emigración.
Cristina DomÃnguez dirixe un elenco actoral formado por RocÃo González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans que entre as catro suman sete premios MarÃa Casares de actuación neste espectáculo metateatral que é co-producido pola compañÃa Contraproducións e máis a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas na que se estrea. Esta fórmula de coprodución cun festival tamén foi a que levou a escena a anterior obra da compañÃa, a galardoada O tolleito de Inishmaan , en coprodución co FIOT de Carballo. Nacidas libres foi tamén unha das obras seleccionadas no recente Galicia Escena Pro e poderá verse hoxe ás 22:30 horas no Auditorio Municipal de Cangas.