A obra de teatro El viento es salvaje, da compañÃa andaluza Las Niñas de Cádiz, foi unha das estreas en Galicia que se puideron ver en Cangas ao longo dos últimos dez dÃas na 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCFC). O espectáculo ven de facerse co Premio do público ao conseguir unha puntuación de 4,73 puntos sobre cinco nas votacións a través de internet que os espectadores fixeron ao remate das obras que se levaron a cabo no Auditorio de Cangas. En segunda posición, con 4,26 puntos, quedou outra das estreas en Galicia, a obra Ritos de amor y guerra, da compañÃa catalá Comando Señoras. O terceiro posto, con 4,08 puntos, foi para La señorita doña Margarita, de Petra MartÃnez e Juan Margallo, espectáculo que tamén foi unha das estreas en Galicia desta Mostra.
Las Niñas de Cádiz é unha compañÃa de teatro que traballa desde as raÃces, fusionando elementos da cultura popular e o folclore con outros da denominada tradición culta. E sempre desde o humor. Alejandra López, Teresa Quintero, RocÃo Segovia e Ana López Segovia son as actrices que dan vida á obra escrita e dirixida por Ana López Segovia. El viento es salvaje conta a historia de dúas rapazas, Vero e Mariola, tan amigas que semellan irmás. Unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. A obra é unha recreación libérrima de dous personaxes femininos da historia da cultura universal: Fedra e Medea. Unha traxedia, en verso, con todos os elementos clásicos do xénero, pero atravesada pola gargallada. O espectáculo xa recibiu do Premio Max ao Mellor Espectáculo Revelación en 2020 e o Premio do Público do Certame Nacional de Teatro Garnacha da Rioxa.