O multiinstrumentista, compositor e construtor de instrumentos históricos Abraham Cupeiro, presentará hoxe ás 20:30 horas no Cárcere Vello de Lugo o disco da “banda sonora da Muralla de Lugo”un agasallo persoal á cidade. En colaboración coa Real FilharmonÃa de Galicia e o grupo de percusión Odaiko Percussion Group, Cupeiro compuxo esta Banda Sonora que leva por tÃtulo O anel de pedra. Nesta presentacion en formato dixital desta Banda Sonora, o artista ademais fará unha demostración de instrumentos que utilizou nela o mesmo tempo que se proxectarán vÃdeos do making of coa Real FilharmonÃa de Galicia. Cupeiro destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx , unha trompeta celta da Idade de Ferro, que tamén usa nesta composición asà como outros instrumentos musicais antigos recuperados e construÃdos por el como a frauta de oso ou o corno romano dándolle máis realismo histórico ao resultado final na recreación do ambiente. Abrahan Cupeiro tamén presentará en setembro deste ano a gravación Os Sons esquecidos , realizada coa RFG e na mesma liña que este traballo en canto a recuperación e mestura de instrumentos tradicionais. A entrada á presentación de hoxe é aberta e de balde.