Unha xira de concertos dá a coñecer a banda sonora de Negro Púrpura

O thereminista Paulo Pascual interpretará os temas en Compostela, Vigo e Vilar de Santos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Unha xira de concertos dá a coñecer a banda sonora de Negro Púrpura

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle este 2 de marzo a presentación do vinilo que recolle a banda sonora de Negro Púrpura. Paulo Pascual correu coa composición da que é a primeira banda sonora do Estado realizada integramente con theremin. Considerado un dos primeiros instrumentos da música electrónica, o intérprete modula as notas mediante a posición das súas mans nun campo magnético.

O álbum, que se presenta en vinilo de edición limitada, dáse a coñecer con tres concertos, nos que se inclúe a proxección do filme en presenza do equipo creativo da produtora Illa Bufarda. Negro Púrpura é unha longametraxe documental dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva sobre o fungo Claviceps purpurea e a súa pegada en Galicia.

Logo da presentación en Compostela, ás 19:30 horas, a xira visitará a Arca da Noe de Vilar de Santos o vindeiro 12 de marzo. O venres 17 será o Café UF o que acolla a presentación en Vigo.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Vilar de Santos, Teatro, Teatro Principal de Santiago de Compostela...