O IV Festival Metamovida reúne á escena musical alternativa

A Sala Malatesta acollerá o sábado os concertos dos grupos deste colectivo artístico

| Santiago. S. Montes | Seccións: MúsicaArte
Compartir:
Cartel do festival

Cartel do festival

O colectivo artístico Metamovida celebra este sábado en Compostela o seu IV Festival reunindo unha representación importante da música alternativa independente e máis "underground" do país. A Sala Malatesta acollerá os concertos de Bala, Trilitrate, diola, Pálida e a Orquestra Metamovida, banda colectiva de improvisación, de entre 12 e 20 músicos, conducida con membros de Cró!, BALA, diola, Trilitrate, IGMIG, Es Un Árbol, Nostoc, Zamaramandi e novas asociadas que fan de cada aparición algo único. O festival comezará ás 12:30 da mañá no Bar Embora coa actuación de Paulo Pascual Castro aka Modulador de Ondas, que dará un concerto de theremín aberto ao público. A sesión da Sala Malatesta é con entrada que pode adquirirse de xeito anticipado no sitio web do colectivo ou en varias localidades en Liceo Mutante, Honky Tonk Discos, A Reixa Tenda ou Discos Portobello

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bala, Santiago de Compostela

Claves

Entidades