Trilitrate constrúe un folclore propio no seu novo disco

'Frutal Death' sae este venres da man do Colectivo Metamovida

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Trilitrate constrúe un folclore propio no seu novo disco

Frutal Death é a banda sonora dunha película que ninguén podería rodar xamais, a música folclórica dun mundo que aínda está por descubrir. Así se presenta o terceiro traballo discográfico do cuarteto Trilitrate que este venres sairá á venda da man do Colectivo Metamovida en colaboración con Nooirax Producciones. Cincuenta minutos nos que a cata auditiva lévanos desde a música contemporánea, a world music, o folk balcánico, a neoclásica e os ritmos pegados á terra ou a latitudes latinoamericanas e moito máis. Doce temas nos que se ofrece unha enorme capacidade creativa con enerxía e liberdade para abordar unha construción folclórica de liña única de experimentación, nacida de "sobrevoar e despois destruír todos e cada un dos estilos" segundo eles. Aínda que a meirande parte dos temas son acústicos as voces xorden en dous deles: La Nada e A Carracuca. Trilitrate formouse en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Orquestra Vigo 430, Suelen Estar Quartet), Marcos Padrón ó acordeón (Orquestra de Música Espontanea de Galicia) e Rubén Abad na guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera). Posteriormente incorporouse a videoartista Lau Iturralde. O grupo presentará o disco este sábado, día 17 no Liceo Mutante de Pontevedra, tras o cal faran varios concertos no resto de España, volven a Galicia o 14 de xaneiro onde xa ten nove datas confirmadas ata marzo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Folk, Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares