Atípicas gravacións musicais na rede coas Sesións Destelo

Ruxe-Ruxe, Medomedá e Alberto Busto nos primeiros vídeos do proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaAudiovisual
Compartir:
Gravación a Alberto Busto. Foto: Proxecto Sesións Destelo

Gravación a Alberto Busto. Foto: Proxecto Sesións Destelo

Cun sitio web como plataforma e xa con tres gravacións subidas e outras tres en curso o proxecto Sesións Destelo encabezado por Miguel Grandío e que conta con moitas colaboracións, proponse dar a coñecer, en acústico, grupos e solistas que fan música en galego. A semana pasada tivo lugar unha presentación presencial na Coruña nunha festa na que houbo proxeccións, un concerto e pinchada popular. Ao xeito das Sesións Lixeiras que viña facendo a produtora Zinqin con grupos e artistas de todo tipo, as Sesións Destelo restrinxen o seu ámbito a artistas de Galicia e que usan da lingua propia do país. As gravacións dos temas en directo e en formato plenamente acústico fanse tamén en lugares alleos aos escenarios coma unha praia, unha capela, unha nave abandonada ou mesmo o interior dun vello Land Rover, tal e como podemos ver na sesión onde os veteranos Ruxe-Ruxe amosan o seu bo facer musical. Ademais desta banda santiaguesa, levan participado no proxecto o grupo Medomedá, Alberto Busto (de Arrhythmia) e tres grupos máis cuxos vídeos verán a luz ao longo das vindeiras semanas. Desde a dirección do proxecto seguen á procura de artistas que queiran compartir unha sesión para rexistrala en vídeo e que fique para a posteridade.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña

Claves

Lugares