A banda de rock bravú Ruxe-Ruxe cumpre 25 anos de actividade ininterrompida neste 2021 facendo música en galego. O festexo está a tomar varias formas, desde un traballo discográfico de homenaxe ata esta exposición que xa está aberta na Zona C de Santiago. O espazo recentemente recuperado polo Concello para a cultura na Praza de Cervantes acolle a mostra "Ruxe Ruxe (1996-2021): 25 anos de universo gráfico", unha ollada aos deseños que vestiron e acompañaron a andaina musical desta banda.
A arte dos seus case 20 traballos discográficos, a cartelerÃa de infinidade de concertos, as súas icónicas camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanÃa e até tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos, forman unha colección con singularidade artÃstica e valor contracultural que agora está dispoñible até a fin do mes setembro. Moitas destas pezas son obra de artistas composteláns, como o creador do logo Javier Iglesias, Pachu M. Torres, Xulio Cé "Arinspunk", Miguel Duarte ou Javi Bermejo, pero tamén as hai doutras e doutros grandes artistas que son parte xa da historia gráfica dos Ruxe Ruxe, como o Grupo Revisión, Ramón DÃaz "Raio" (Caramuxo), Carlos Azagra (El Jueves), Diego Pérez "Diebujitos" ou Laura Romero. En todo este universo xerado arredor da banda dende a estrea do seu recoñecido logo nos inicios do grupo en 1996 ate os últimos deseños do disco O estraño falar dun monstro da aldea (2020), Ruxe Ruxe sempre coidou a imaxe gráfica do seu traballo coa complicidade de deseñadores, fotógrafos ou debuxantes que souberon entender á perfección as súas inquedanzas, dotando todo o seu universo dunha riqueza gráfica de grande valor que agora pode verse nesta mostra.